
¡Benvidos a telecom.eu.org!
O noso obxectivo é pedir tarifas máis xustas por parte das operadoras de telecomunicacións nos Estados membros da UE, principalmente queremos acadar unha "tarifa plana" (unha cuota fixa mensual para as chamadas de voz e de acceso a Internet con módem ou tecnoloxías superiores) en lugar das tarifas por tempo que se veñen aplicando ata o de agora.
Polo momento este Web preparouse para que os diferentes grupos, que operan en varios países, poidan reunirse e discuti-los temas nun foro de discusión. De todas maneiras xa iremos preparando máis contidos conforme a nosa evolución.
O obxectivo de reuni-los diferentes grupos é para organizar un día de acción europea no ano 1999. Os Españoles, Británicos, Alemáns e Italianos xa teñen organizado manifestacións nos seus respectivos países.
|